Artigo de proba
Benvidos a tod@s!!!Espero, a partir de agora poder adicar máis tempo a este espacio.Máis vale tarde que nunca non???Pois eso, ata outra compañeir@s.Saúdos a tod@s.Tonho.
Benvidos a tod@s!!!Espero, a partir de agora poder adicar máis tempo a este espacio.Máis vale tarde que nunca non???Pois eso, ata outra compañeir@s.Saúdos a tod@s.Tonho.
Artigo realizado o 8 Abril 2005
Quixera comezar dicindo que a partir da toma de contacto coa materia de Novas Tecnoloxías incluín na miña persoa unha nova perspectiva na maneira de analizar a información que recibo a diario.
Ese mundo tecnolóxico (internet, multimedia, blue tooth,etc.) que eu cría ter máis ou menos controlado ou acotado, convírtese, despois dalgunhas clases, nun mundo inmensamente infinito do que só coñezo unha mínima parte.
A miña reflexión sobre as NTIC variou sustancialmente dende que curso esta materia. É dicir, anteriormente non prestaba atención a tódolos medios tecnolóxicos que vía a cotío nos telexornais ou en calquera ámbito da comunicación, e agora cando os vexo despertan a miña curiosidade e gustame analizar a maneira que teñen de empregalos.
Especial mención mereceu nesos días a relación Papa- NTIC e da que xurden as seguintes cuestións:
¿ Foi excesiva a cobertura dos medios de comunicación?
Como consecuencia disto ¿ a morte de J. Pablo II convertiuse nun espectáculo mediático?
A miña resposta á primeira pregunta é un tanto ambigüa, xa que para min estar sacando información dunha persoa ata o seu último suspiro non me parece moi digno, sexa quen sexa a persoaxe. Mais a cuestión reside en que vivimos nunha sociedade que SI está interesada en que exista esa excesiva cobertura, xa que é a sociedade quen consume e os medios son os que masifican a información.
Á segunda pregunta respondo con menos vacilación e creo rotundamente que SI é un espectáculo mediático. Existen varios apartados nos que baseo esta resposta, pero o que máis me chamou a atención durante eses últimos días foi a presencia no Vaticano de tódolos líderes mundiais, ben sexan protestantes coma Bush, laicos, ortodoxos, hebreos ou musulmáns coma o xefe de Estado iraní. ¿Qué espectáculo mediático mundial pode reunir arredor de 200 culturas e países diferentes?Eu creo que nin unha catástrofe natural coma o TSUNAMI do Océano Índico foi capaz de reunilos, ¿ou é que se van reunir agora que xa nadie se acorda de países coma Indonesia??? Sinceramente dubido moito que iso vaia a suceder.
Outro punto sobre a relación NTIC- Papa foi o emprego de videoconferencias durante os seu últimos días para disimular o grave Parkinson que padecía.Tamén outro exemplo desta "sobreinformación" afectou aos cardenais encargados de escoller ao novo Papa, que tiveron que estar aillados de tódolos medios de comunicación (TV, radio, teléfono, internet...) para que estes medios non puidesen influenciar aos cardenais na toma das súas decisións. Este é un claro exemplo que reflicte que si existe aprendizaxe na maneira de analizar a información recibida. É dicir, anteriormente non prestaría atención en que se estaban a utilizar medios tecnolóxicos neste ámbito e agora reflexiono que as novas tecnoloxías nos invaden sen que nos deamos conta.
Por todo isto conclúo que é necesario analizar esta evolución das NTIC de xeito crítico e intelixente e así ensinar aos que nos preceden a facer bo uso das mesmas.